miércoles, 26 de febrero de 2014

Miña familia


Despois de moito traballo e sufrimento , asi como moito sudor e lágrimas e apesar das escasas fontes das que conto , che subo un pequeno traballo para rematar as entradas obrigatorias para este tremestre.


Seis meses na presidencia

O personaxe do que vos vou falar e do meu avo Jose Luis Lourido Bouza , pai da miña. Foi natural de Perlio no concello de Fene durante toda a sua vida , dende moi novo abandonou os estudos e entrou na escola de aprendices de Astano na sección de electricidade , da cál se especializou.

Da sua vida recordo unha historia que sempre me contaba e que estaba relacionada co deporte.
Pois ben , me contaba que no ano 1972 era socio do equipo da Cultural Maniños na disciplina de fútbol , dixome que ese mesmo ano na temporada que estaba a disputar o equipo , estes comenzaran moi mal e con iso os problemas internos comezaron a florecer , por este motivo se decidiu tomar a decisión  de reemplazar a toda a directiva por unha nova da que o meu avo foi o presidente.

O primeiro problema que se encontraron foi que moitos xogadores decidiron deixar o clube no medio da tempada polo repentino cambio de directiva , polo que meu avo fichou a rapaces que traballaban en Astano con unhas condicions enormes , como dicia el alguns deles nos dias de hoxe vivirian de este deporte pero que en aqueles tempos tan so  moi poucos podian permitirse ese luxo e deixar de traballar para dedicarse exclusivamente a iso.

Pois ben este cambio lles viu moi ben quedando campeons de Liga e tendo o privilexo de xogar a copa de Galicia de afecionados con os restos de campeons das diferentes zoas , quedando tamen campeons nesta competición.

Tras seis meses de gloria decidiu abandoar a presidencia do Cultural Maniños xa que non lle permitia compaxinar o seu traballo co cargo de presidete ,  ainda asi sempre que recordaba esta historia sentiase orgulloso por como lles fora as cousas asi como que era unha das maiores experiencias da sua vida.

Un fenés en Holanda

De esta vez os vou contar unha historia que esta relacionada con o meu avo , o pai da miña nai , o seu nome é Jose Luis Lourido Bouza un home que deixou de estudiar moi novo para ingresar na escola de aprendices de Astano na sección de electricidade.

Pois ben unha vez que comenzou xa a traballar como fixo en Astano e cando xa tiña 5 anos na empresa no seu posto como electricista , foi escollido xunto con un grupo de compañeiros seus para ir durante uns meses a traballar a Holanda .

Contoume que o percorrido o realizaron en barco foi moi longo e que ainda lle pareceu mas posto que el non era moi amigo da mar , por enriba lles tocou un tempo nefasto durante todo o viaxe polo que o percorrido foi bastante movidito. Nesta viaxe cara Holanda recorda que un compañeiro seu caeu do barco e que o sacaron rapido do mar pero que ainda asi estivo apiques de morer de hipotermia.

Da sua estancia ali ten moi poucos recordos xa que maioritariamente dedicabanse a ir da residencia ao traballo e viceversa.

Ainda asi sempre me dixo que foi en Holanda onde verdadeiramente probou unha cervexa e que non tiña nada que ver con as que se comercializaban aqui , foi unha cousa que lle impactou . Tamen recordaba de ir a Amsterdam a presenciar un encontro do Ajax , que é o equipo local , no que puido presenciar a un xoven xogador chamado Johan Cruyff que ninguen se imaxinaria daquela que chegaría a ser o que realmente foi.

Do Ebro a carpinteria .

Ainda que a tematica das entradas das nosas familias é complexo para min pola limitacions de fontes con as que conto pero terei que facer un esforzo e vos contarei os recordos ou cousas que eles mismos me contaron a min.

Da primeira persoa que os vou falar é Nicolas Bouza Cachón un dos meus bisavos por parte materna. Nicolas naceu en Laraxe parroquia do concello de Cabañas no ano 1922 .

Laraxe foi a sua casa  ata sua madurez momento no que decidiu alistarse no exercito ,  xa que el non estaba obrigado a cumplir obligatoriamente con el debido a que era fillo de viuda.

Mentres cumpria no exercito , estivo apiques de participar na batalla do Ebro , pero a guerra concluiu uns dias antes de que o seu escuadrón no que militaba chegara a dito lugar.

Tras isto regreso a casa e casouse con Maria Pena a miña bisavoa cona cal montou unha pequena tenda de ultramarinos en Maniños. Como eles veian que os cartos lles eran moi xusto Nicolas decide viaxar a Francia durante dous anos para traballar como carpinteiro . Tras este periodo no extranxeiro , regresou e mentres miña avoa seguia facendose cargo da tenda de ultramarinos o meu bisavo seguiu dedicandose ao oficio de carpinteiro.

Meu bisavo se marchou fai pouco menos de un ano e foi unha das persoas mais importantes da miña vida e tivo moito que ver na miña educación case diariamente xunto de min , grazas a el aprendin a manexar ferramentas dende moi pequeno sendo a dia de hoxe un terreo no que me desenvolvo moi ben ainda que o mellor foron todas as experiencias e momentos que puiden compartir con eel , realmente considero que puiden disfrutar del.

martes, 25 de febrero de 2014

Xa estamos a Chegar!

Hoxe levanteime con unha dor de cabeza incrible , creo que me colleu o frio mentres durmia xa que con esta xa é a 6 noite que durmimos a intemperie e ainda por riba o tempo non nos acompaña , ainda que non sei de que me  sorprendo por que estamos en febreiro e con as miña trinta primaveiras enriba xa me deu tempo a coñecer a miña terra Galega.

Onte un ancian que nos acompaña en esta loita me comentou que non era simple choiva o que se precipitaba do ceo , senon que tamen eran as magoas de Galicia que se sinte secuestrada pola nobreza e o clero. Eu respondinlle a aquel ancian que non se preocupara , que para iso estabamos nos para liberala de este sufrimento e asi permitila tanto a ela como a nos ser libres.

O meu sentimento e o dos meus irmans de expedición ainda tera que agardar xa que ainda nos queda catro dias aproximadamente para chegar ao noso destino como es Santiago de Compostela , esperemos que de esta vez o Conde de Andrade  non logre escapar e podemos acabar coa sua vida non como na Vila de Pontedeume donde nos fumos con as mans baleiras .

Despois do de Pontedeume os animos do gurpo decaeron , pero con tan so abrir a boca e dicir un frase logrei levantar o animo da expedición irmandiña "Arriba a fouce , abaixo o clero e a nobreza"

Por certo ainda non me presentei son Rafael , un simple campesiño da aldea de Fene pero uns dos que levan a voz cantante nesta revolta irmandiña , e os prometo que nos saeremos coa nosa intención de acabar con este sistema que nos atormenta.

"Arriba a fouce , abaixo o clero e a nobreza"

Coidado coa plebe

Vaya dia sen descansar que me botei , non tiña tempo que perder despois de escapar polos pelos de esos cabrons dos irmandiños.

Pagaria por ver as suas facinas cando vexan que non estou por ningures , pobres ilusos.

Agora xa vou de camiño a Santiago de Compostela estare a salvo por unha tempada ata que un dos meus aliados me de a voz de alarma que xa veñen de camiño e asi volver a fuxir.

Tamen podo asegurar unha cousa cando todo isto remate todos eses indeseables recibiran un castigo exemplar , se xa se quexaban das condicions actuais , non che quero nin contar cando todo isto remate , como di o refrán " O que rin de ultimo rie mellor"

Non sei quenes se cren esos payasos non son mais que simples campesoños mortos de fame non sen quenes se cren , nin como se lles pasa pola cabeza erguirse contra o gran Conde de Andrade , un home como eu que teño un poder inimaxinable en estas terras.


Enfin, non se por que me estreso e me preocupo se non me vai a pasar nada e menos a min sendo quen son.

Agora e momento de ir dormir e descansar que me o teño mais que merecidas , despois de estos dias tan movidos por culpa dos dichosos irmandiños.

domingo, 23 de febrero de 2014

Arte ou Rebeldía ?



Que significa para a sociedade actual as pinturas , é decir graffitis ,  que están presentes nas nosas ruas , é arte ou simplemente é un acto de rebeldía ?

Para unha gran maioria é un acto bandalico realizado por xovenes co fin de destrozar o entorno de unha cidade , en cambio para os graffiteiros que son os artífices de realizar ditas obras pois non é mas que un medio de expresión no que poden mostrar a demais xente os seus sentimentos asi como as suas condicións como artistas.

Dende o meu punto de vista dentro de estas obras poderiamos catalogar diferentes tipos de graffitis , os que se dedican a realizarlos co fin de protestar por algunha cousa en especial  e os que simplemente o realizan como un hobbie con el fin de divertirse e de darlle un pouco de color as cidades.

Pero toda a miña opinión quedou desmontada por un coñecido meu que se dedica a facer este tipo de obras e que me comentou que si , que para el é un hobbie  simplemente iso pero que todo graffiti sexa como sexa e teña a forma que teña ten sempre un pizca de rebeldía xa que o queiras o non estas expresando os teus sentimentos nun lugar o cal non che pertenece a ti so senon que tamen é de mais xente como é a via publica .

A conclusión que poco sacar despois de todo esto é que pase o tempo que pase os graffitis van a seguir sendo considerados como un acto de rebeldía para uns , asi como un hobbie e un arte para otros ,pero en definitiva a arte do graffiti se basa na rebeldía e sen esa rebeldía pois non o poderiamos considerar arte.

 

domingo, 16 de febrero de 2014

Que che di a palabra Rebeldía ?



O tema que estamos a tratar na clase en estos momentos é o da rebeldía , que quere decir esta palabra para min , pois fai uns anos os diría que non era mas que unha serie de carácter adolescente de orixe latinoamericano que tivo grande éxito entre a xuventude daquela época.

Pero ahora que me vou facendo maior e que os anos pasan , pois te vas dando de conta de certas cosas e te vas preocupando de  cosas que con anterioridade pasaban desapercibidas  , gran parte de que habrá os ollos se  debe a que na miña casa se esta constantemente a falar de toda esta situación ,  tamen ten que ver  que acudimos un dia e otro tamen a concentracions en contra das medidas políticas que pouco a pouca se están a implantando.

A rebeldía na miña persoa desemboca nun sentimento de impotencia xa que a pesar de protestar e loitar polos nosos intereses ou ben para que non nos limiten todas a medidas que as xeracions antigas lograron de conseguir  , ves que ainda se atopa lexos iso de que te presten atención os peixes gordos.

É unha sensación de impotencia tamen por que sabes que pase o que pase o trato non va ser o mesmo para unas persoas que para outras como ven se dixo na clase “ Para os amigos o favor e para os enimigos a ley” e cada vez se pode apreciar mas evidente esta situación , impotencia tamen o feito de que pouco a pouco e como que non quere a cousa se van limitando as liberdades da democracia para ir pasanda pouco a pouco e pasiño a pasiño a algo mas parecido a dictadura.

Ainda asi a rebeldía é algo fundamental xa que debemos de levantarnos e loitar polo que non nos pareza correcto , xa que se eles , con eles me refiro a os que mandan xa nesta situación fan o que lles sae dos collons , non me quero imaxinar se foramos un pobo que non dixera nada , que simplemente asumirá todo sen alzar a voz .

En difinitiva eu sintome un rebelde , sinceramente pensó que todos os somos de unha forma o outra , pero que para unha e cada unha das persoas ten un significado diferente e que uns mais pronto que outro se darán de conta do que realmente lles di esta palabra , para min como ben dixe antes se define por impotencia , a defino como impotencia por que a xente que manda e as situacions que se estan a vivir fan que sinta isto nestes momentos , este sentimento pode cambiar un dia de estos , pero mentres esto non se produza nada de mirar cara abaixo , sempre cabeza arriba e loitar polo que pensas que é correcto.