Pois ben unha vez que comenzou xa a traballar como fixo en Astano e cando xa tiña 5 anos na empresa no seu posto como electricista , foi escollido xunto con un grupo de compañeiros seus para ir durante uns meses a traballar a Holanda .
Contoume que o percorrido o realizaron en barco foi moi longo e que ainda lle pareceu mas posto que el non era moi amigo da mar , por enriba lles tocou un tempo nefasto durante todo o viaxe polo que o percorrido foi bastante movidito. Nesta viaxe cara Holanda recorda que un compañeiro seu caeu do barco e que o sacaron rapido do mar pero que ainda asi estivo apiques de morer de hipotermia.
Da sua estancia ali ten moi poucos recordos xa que maioritariamente dedicabanse a ir da residencia ao traballo e viceversa.
Ainda asi sempre me dixo que foi en Holanda onde verdadeiramente probou unha cervexa e que non tiña nada que ver con as que se comercializaban aqui , foi unha cousa que lle impactou . Tamen recordaba de ir a Amsterdam a presenciar un encontro do Ajax , que é o equipo local , no que puido presenciar a un xoven xogador chamado Johan Cruyff que ninguen se imaxinaria daquela que chegaría a ser o que realmente foi.
No hay comentarios:
Publicar un comentario