O personaxe do que vos vou falar e do meu avo Jose Luis Lourido Bouza , pai da miña. Foi natural de Perlio no concello de Fene durante toda a sua vida , dende moi novo abandonou os estudos e entrou na escola de aprendices de Astano na sección de electricidade , da cál se especializou.
Da sua vida recordo unha historia que sempre me contaba e que estaba relacionada co deporte.
Pois ben , me contaba que no ano 1972 era socio do equipo da Cultural Maniños na disciplina de fútbol , dixome que ese mesmo ano na temporada que estaba a disputar o equipo , estes comenzaran moi mal e con iso os problemas internos comezaron a florecer , por este motivo se decidiu tomar a decisión de reemplazar a toda a directiva por unha nova da que o meu avo foi o presidente.
O primeiro problema que se encontraron foi que moitos xogadores decidiron deixar o clube no medio da tempada polo repentino cambio de directiva , polo que meu avo fichou a rapaces que traballaban en Astano con unhas condicions enormes , como dicia el alguns deles nos dias de hoxe vivirian de este deporte pero que en aqueles tempos tan so moi poucos podian permitirse ese luxo e deixar de traballar para dedicarse exclusivamente a iso.
Pois ben este cambio lles viu moi ben quedando campeons de Liga e tendo o privilexo de xogar a copa de Galicia de afecionados con os restos de campeons das diferentes zoas , quedando tamen campeons nesta competición.
Tras seis meses de gloria decidiu abandoar a presidencia do Cultural Maniños xa que non lle permitia compaxinar o seu traballo co cargo de presidete , ainda asi sempre que recordaba esta historia sentiase orgulloso por como lles fora as cousas asi como que era unha das maiores experiencias da sua vida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario