No concello de Fene,en Sillobre, no Pozo Negro da presa do Belelle vivía unha grande serpe alada e cuberta de anchas escamas , que durmía arrolada no berce das augas con sabas de limo e colcha de xuncos e de herbas acuáticas. Era moi viaxeira . As ás pequerrechas a penas conseguían soportar o voluminoso corpo nun voo rasante. Con esforzo e moito entreno lograba percorrer a zona enteira ata a praia de Cabanas. Hai quen di que o instito maternal insatisfeito a levaba a tomar as nove ondas , ou tal vez os nove baños , porque fillos nunca se lle coñeceran.
(Praia de Cabanas na actualidade)
Quen a vía quedaba aterrorizada. O medo estendeuse e planearon matala.Xuntáronse veciños de varias aldeas e argallaron facer cuns madeiros unhas puntuagudas estacas , a modo de adiadas lanzas. Colocáronse , coas puntas arriba , na ruta da serpe en direccion a Cabanas , por donde voaba baixiño e mesmo ás veces se pousaba a descansar . E alí un día quedou espichada. Os berros de lenya agonía do animal escoitáronse a gran distancia. As escamas defensivas do seu corpo nada puideron ante o home , depredador insaciable.
Foto do rio Belelle ( lugar por donde discorria a serpe)
Agoras as augas do río Belelle xa non cantarean , laian.
No hay comentarios:
Publicar un comentario