A xente conta que na Pedra da moura en Outeiro da Mina habitan dúas mouras moi fermosas que
se converten en serpes. Din que estas damas belidas gustaban de ir á
festa, como o común dos mortais, e cando regresaban para o monte
acompañadas dalgún mozo, pois a súa fermosura era engado para
acompañantes, ó chegar un pouco antes da devandita pedra parábanse e non
deixaban que os mozos as acompañaran máis aló.
Un día un destes
pretendentes non fixo caso e seguiunas ata a pedra e cal foi a súa
sorpresa cando viu que as mouras que acompañara esa noite se
transformaban en serpes arrepiantes e desaparecían na peneda.
Tamén
contan que outra vez unha destas mouras díxolle ó seu pretendente que
era víctima dun feitizo e que debía axudala a romper co pesado
encantamento. A moura díxolle ó rapaz que a seguise ata a pedra e que
pasase o que pasase non se asustara. Así fixo o mozo, pero tan pronto
chegaron á pedra, a moura transformouse en serpe e amosouse ante el . O rapaz asustado saíu
correndo sen cumpri-la súa promesa de axudala a se desencantar.
A dia de hoxe sabemos que esta lenda non é probable por que non entra dentro do loxico da sociedade actual ainda asi , neste pobo se segue a realizar a ruta pola que se din que as mouras subian ata a famosa pedra na cal se convertian en serpes , na actualidade se ten como una zona turistica do pobo polo cal a xente da hoxe lles interesa que esta lenda perviva por moito tempo xa que é un reclamo para o seu pobo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario